Wednesday 18 de September de 2024

Charla Impulsa o teu futuro en Camariñas


A charla “Impulsa o TEU futuro en Camariñas”, vaise celebrar o venres 12 de maio, de 16:30 a 18:30, na Biblioteca Municipal de Camariñas.

As persoas con interese nas ferramentas de busca emprego, poden reservar unha praza, xa que son limitadas, enviando nome, teléfono, correo-e e DNI a adl@camarinas.ne, chamando ao 981 73 70 04 ou pasando pola Casa de Pedra.

Na charla, falarase dos seguintes temas:
• Descubre as oportunidades de prácticas e traballo nas institucións europeas.
• Aprende a realizar application forms virtuais e descubre as claves dunha carta de motivación.
• LinkedIn como ferramenta de posicionamento.
• Sácalle partido ao currículo EUROPASS.
• Aprende as vantaxes do portal EURES para buscar emprego na UE.